Saltar ao contido principal
Lattexa
Cafetería Lattexa
Lattexa · Desde 2021

Sobre nós

Hai cinco anos abrimos a porta da nosa cafetería cunha idea bastante simple: crear o lugar onde nos gustaría sentarnos a tomar café.

Somos unha parella que empezou este proxecto con curiosidade.

Moitas horas de aprendizaxe e unha obsesión compartida por entender mellor o café. Desde o principio tivemos claro que queriamos traballar doutra maneira: con cafés de orixe, con trazabilidade e con persoas detrás de cada lote.

Café de especialidade

Torradores pequenos que comparten esa mesma filosofía.

Co tempo empezamos a colaborar con proxectos que coidan o produto desde a finca ata a cunca, e que nos permiten servir cafés con historia, identidade e transparencia.

Os nosos cafés

Pero o café nunca foi o único.

A nosa cafetería tamén se converteu nun espazo para experimentar. Cada mes desenvolvemos novos almorzos, buscamos ingredientes diferentes e construímos pratos pensados para acompañar os cafés que escollemos en cada tempada.

Experiencia na cunca

Cinco anos despois seguimos sendo os mesmos dous que comezaron todo isto.

Aínda que o proxecto medrou máis do que imaxinabamos. Hoxe formamos parte de Best Coffee Shops, algo que sentimos como un recoñecemento á forma na que traballamos: con calma, con curiosidade e con moito respecto polo produto.

Torradores artesáns
O noso obxectivo
"Servir bo café, contar a historia que hai detrás de cada cunca e crear un lugar onde a xente queira quedar un anaco máis."
A nosa historia
Visítanos

Ven coñecernos

Rúa Lugo, 36 · Santa Comba
A Coruña
Contacta connosco