Léxico sensorial
🍓🍒🍋🍈Un léxico de sabores para unha roda de aromas🍉🍑🍍🍇. A idea de desenvolver unha roda de aromas e un léxico non é nada nova. Xa existen exemplos establecidos, nos que se basea e dos que se nutre o meu traballo. Grazas ao traballo de SCA, Counter Culture e CoffeeMind.
Por que desenvolver este traballo se xa existen outras rodas? Porque sentín que había unha necesidade cando impartía clases sensoriais. O meu obxectivo é resolver algúns destes problemas: falta de variabilidade aromática, confusión aroma-sabor na roda, infravaloración da importancia das aromas afroitadas cando os cafés actuais amosan cada vez máis este carácter, aromas e referencias centradas nunha soa cultura…
Atoparás 95 froitas de todo o mundo, divididas en 5 categorías e 14 subgrupos, todas codificadas por cores e cos seus nomes científicos. Con todo, o léxico baséase na idea de sabor, xa que moita xente aínda asocia o olfacto co gusto para recoñecer e aprender sobre froitas descoñecidas. Deste xeito, atoparás intensidades de sabor, texturas, aromas e niveis de fermentación para cada froita.